venres

SESION 1 OP ART


    Na primeira sesión do obradoiro de arte óptica destinado a 5º curso de Primaria vimos obras de Vasarely, Bridget Riley e Jesús Rafael Soto, entre outros. Por outra banda, descubrimos efectos visuais antigos e máis recentes como estereogramas ou aplicacións de arte óptica e efectos moiré para móbiles. Tamén analizamos os fundamentos das imaxes 3D.