Proxecto continuado dende 2010 de desenvolvemento de educación artística no colexio do Hío (Pontevedra).
Entendemos a educación artística como catalizadora de disciplinas e competencias.
venres
VISITA ÓS PETRÓGLIFOS DE MOGOR
O momento máis agardado do obradoiro chegou por fin: a saída en autocar para visitar o conxunto de petróglifos que están preto da praia de Mogor, en Marín. Nel destacan formas rupestres en forma de círculos concéntricos e de labirintos.