Como o ano pasado fixemos todo o colexio unha excursión á praia de Nerga coa intención de facer a derradeira sesión de NaturalMENTE Arte 2011-12. A experiencia, como sabedes, consiste nunha intervención artística na praia pola parte de todo o colexio.
Este ano a acción artística consistíu na elaboración por cursos de formas que tiveran que ver co engadido e baleirado de area, empregando o corpo como tema ou ferramenta de uso artístico.
O clima foi máis agradecido que o do ano pasado e poidemos dar por rematadas as obras.
Velaí algúns procesos:


