luns

FOTOGRAFÍA CON CAIXAS ESTENOPEICAS

    A primeira sesión de fotografado coas cámaras de fotos estenopeicas feitas a partires de caixas de galletas, construídas o ano pasado, foi un fracaso: casi todas as fotografías quedaron mal por sub ou sobreexposición excesivas. 
    Recordemos que unha cámara estenopeica é aquela que consiste nunha caixa hermética á luz que ten un pequeno burato (estenopo) polo que entra a luz creando unha imaxe negativa do que ten por diante si introducimos papel fotográfico dentro e abrimos o estenopo durante certo período de tempo.