Tamén probamos a facer imaxes en tres dimensións. Para elo, fixemos fotos de obxectos que atopamos pola aula e o colexio e as manipulamos co programa de deseño por ordenador chamado GIMP. Facendo tres copias superpostas da imaxe (unha normal, outra en cor vermella e outra en azul) conseguimos imaxes que, ao miralas coas gafas 3D que construimos, dan a sesnsación óptica de profundidade.