luns

ARTE RUPESTRE







Acercámonos ao final do curso e estamos a traballar un obradoiro moi interesante, no que descubrimos a arte rupestre que temos na provincia de Pontevedra. Esta arte acontece na forma de megalitos funerarios e de petroglifos (arte labrada na pedra).
Como non podía ser menos, empezamos cunha introdución teórica na que vimos exemplos que ven dende 3.500 anos a.C., como restos arqueolóxicos de Campolameiro. Tamén poidemos observar os labirintos de Mogor. Todo isto en imaxes traídas polo profesor e pola Internet.
O segundo día fumos visitar o grupo 3º de petroglifos de Mogüelos (cerca de Donón). Consiste en dúas imaxes idoliformes ou escudiformes (non se sabe). Unha marabilla escondida na maleza.