domingo

FOTOGRAFÍA

    Na segunda fase traballamos o segundo concepto importante da fotografía analóxica: a fotosensibilidade.
Eliximos unha técnica do século XIX chamada cianotipia, composta de sales de ferro. Aplicamos o líquido fotosensible sobre cartolinas e, colocando sobre elas negativos feitos con papel vexetal de fotos do entroido, conseguimos imaxes en positivo expoñendo o conxunto durante varios minutos ao sol.
    As imaxes saen con cores azuis pola mistura dos compoñentes químicos.