sábado

OBXECTOS ARTÍSTICOS



Perante o mes de febreiro desenvolveu o curso de 2º de Primaria o obradoiro de creación de obxectos artísticos a partires doutros traídos polos alumnos/as da súas casas. Un dos obxectivos principais foi a reciclaxe e a reutilización.
Despois de documentarmos sobre a utilización do obxecto na arte,dende as vangardas e especialmente no surrealismo, fixemos bosquexos para iniciar as nosas ideas.
Polo xeito de ser un taller aberto á creatividade, o proceso foi aparentemente caótico pero sumamente fructífero.
O resultado quedou na forma dunha instalación artística na que aparecen algunhas das figuras senlleiras do surrealismo cos diversos obxectos creados polos rapaces.