

Un dos principais obxectivos deste obradoiro é familiarizar ao alumnado con recursos da natureza como materiais de expresión plástica.
Entendemos a Land Art como obras feitas con materiais naturais en bruto ou como integradas en espazos naturais.
Nas primeiras sesións houbo exposicións de imaxes e audiovisuais relacionados co tema. Froito delas é o debuxo de Mateo, a partires dunha realización de Andy Goldsworthy no DVD Ríos y Mareas. Nel apréciase como o alumno entende a importancia do sol no desenvolvemento da obra.